15/2/08

Video 25º aniversario SDN

Ola compañeir@s, aqui tedes o video que botaron en Televigo sobre o 25 aniversario do Seis Do Nadal e como poderedes ver sae o noso equipo infantil femenino en primerira plana.
Da gusto vernos desfilar, se ata parecemos modelos na pasarela Cibeles.

13/2/08

¡¡¡¡¡Forza Penya!!!!!


Forza Penya, que espectaculo, que maneira de xogar,.........
Despois de moitos anos de sequia a Penya consiguiu un titulo e de que maneira: BALONCESTO PURO E EXCITANTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O gran mestre Aito Garcia Reneses, seguenos demostrando os seus admiradores por que segue sendo o numero un a pesar dos seus 61 tacos. Como se pode ser o mellor sen ter que renunciar os seus principios, como ser competitivo cunha filosofia case ca contra corrente nestes tempos de baloncesto plano: todos os equipos xogando igual, sen apenas riscos tacticos, moito scouting e pouco risco, moito preocuparse do contrario sen explotar as virtudes do noso equipo e intentar ocultar na medida das nosas posibiliades os defectos.


Grazas por devolvernos a moitos a ilusión por este deporte fascinante. O xogo do teu equipo e complicadisimo de levar a cabo pero ti demostras que con ilusión, gañas, forza mental e fisica todo se pode levar a cabo.


Grazas por demostrar a todo o mundo que non é obrigatorio ser xoven para estar na vanguarda do basket, que temos que reciclarnos, que temos que estudar, que hai que evolucionar, que sempre hai alguen que sabe máis ca nos e do cal podemos sacar sempre cousas positivas.


En definitiva, GRAZAS MESTRE.


Aqui vos deixo un artigo escrito polo propio Aito na sua paxina web sobre o exito da copa.